Saturday 27 de April de 2024

O Concello entrega 45.000 máscaras para a comunidade educativa nos centros públicos do municipio


• Optouse polo formato de máscaras cirúrxicas IIR, que protexen ao exhalar e tamén de salpicaduras en sentido inverso.

• José Miguel Alonso Pumar explicou que “o obxectivo do goberno local é cubrir os próximos meses ante un futuro que esperamos alentador pero que aínda é incerto”.

O Concello de Cariño vén de entregar un total de 45.000 máscaras nos centros educativos do municipio co obxectivo de cubrir esta necesidade básica a toda a comunidade educativa neste inicio de curso.
O goberno local fixo esta repartición masivo no IES Cabo Ortegal e no CEIP Manuel Fraga. Todas son cirúrxicas IIR, un formato de maior protección que as cirúrxicas habituais xa que protexen ao exhalar e tamén de salpicaduras en sentido inverso.

O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, explicou que “o noso obxectivo é que todos teñan dúas caixas de 50 unidades cada unha para cubrir os próximos meses nun futuro que esperamos alentador pero que aínda é incerto”.

Desde o Concello de Cariño, ademais, ampliouse en 4 horas diarias a dedicación a tarefas de limpeza e desinfección no colexio cariñés, que terá un custo anual de aproximadamente 20.000 euros.